estudio

Victoria vive en Londres dende hai máis de 16 anos.

Natural de Galicia, a enerxía e, máis concretamente, o eterno cambio do Océano Atlántico foron as súas fontes de inspiración.

Sen formación oficial en xoiaría nin deseño, sempre se atopa en continuo proceso de aprendizaxe: experimenta, intenta, equivócase… e intenta de novo!

Divide o seu tempo entre a súa paixón por transformar metal en diferentes formas, texturas, obxectos… e a industria enerxética, para a que traballa.